CEC
Síguenos: Linkedin Instagram facebook YouTube

IMPULSA CORUÑA | SECTOR TIC E AUDIOVISUAL

Estimado/a colaborador/a,
 
Dende a Confederación de Empresarios de La Coruña presentamos IMPULSA CORUÑA, un proxecto clave para o tecido empresarial da provincia, cuxo obxectivo principal é favorecer un desenvolvemento sustentable da mesma a partir da identificación de necesidades e oportunidades dende o seu tecido empresarial e emprendedor.

Impulsado pola Deputación da Coruña, contempla distintas actuacións, entre elas a análise continua do tecido empresarial da provincia para coñecer a súa realidade, identificar retos prioritarios e detectar novas oportunidades de desenvolvemento, mediante un estudio sectorial e mesas de traballo en 4 sectores estratéxicos.

É precisamente neste eido no que nos gustaría contar coa túa colaboración mediante a cumprimentación dun cuestionario diagnóstico sobre a situación do sector PRIMARIO, as súas oportunidades e retos a afrontar ao que podes acceder aquí:

Os datos obtidos servirán de punto de partida para un traballo máis amplo que rematará coa elaboración dun informe final do sector, de acceso público, que incluirá potenciais liñas de actuación e colaboración identificadas ao longo deste traballo.

Aproveitamos a ocasión para convidarte a consultar o programa completo na nosa web https://www.cec.es/impulsa-coruna/ e acceder a servizos gratuítos nel incluídos como mentorización se estás a desenvolver unha nova liña de traballo, formación…

Moitas grazas de ante man pola túa atención e colaboración. Para calquera dúbida ou máis información, podes contactar con nos: 

emprende@cec.es
981 13 37 02 (Ext:1215)

Un saúdo

 

Logos

Sede central
Plaza Luis Seoane, torre 1, entreplanta,
15008 A Coruña
Teléfonos: 981 133 702 / 981 174 141
Fax: 981 132 598
Email: cec@cec.es

Delegación Santiago Compostela
C/ Eduardo Pondal 8
15702 Santiago
Teléfono: 981 558 456
Fax: 981 562 914
Email: cec@cec.es