Logos

PROVINCIA EMPRENDEDORA | PRIMARIO

Estimado/a colaborador/a,

Enmarcado en PROVINCIA EMPRENDEDORA, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL), presentamos o proxecto Impulsa Coruña, co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial, impulsar o emprendemento e promover novas oportunidades de desenvolvemento económico na provincia.

O proxecto contempla distintas actuacións, entre elas a análise continua do tecido empresarial da provincia para coñecer a súa realidade, identificar retos prioritarios e detectar novas oportunidades de desenvolvemento, mediante un estudo sectorial e mesas de traballo en 4 sectores estratéxicos.

A relevancia do sector PRIMARIO na provincia é incuestionable e a túas aportacións fundamentais para o seu sostén e crecemento. Por este motivo, a túa empresa foi seleccionada para participar nesta análise sobre a situación do sector, as súas oportunidades e retos a afrontar. Achega as túas aportacións cubrindo o seguinte formulario:

Os datos obtidos servirán de punto de partida para un estudo máis amplo que rematará coa elaboración dun informe final do sector, de acceso público, que incluirá potenciais liñas de actuación e colaboración identificadas ao longo deste traballo.

Aproveitamos a ocasión para convidarte a consultar o programa completo na nosa web https://www.cec.es/impulsa-coruna/ e acceder a servizos gratuítos nel incluídos como mentorización se estás a desenvolver unha nova liña de traballo, formación…

Moitas grazas de ante man pola túa atención e colaboración. Para calquera dúbida ou máis información, podes contactar con nos:

emprende@cec.es
981 13 37 02 (Ext:1215)

Un saúdo

Sede central
Plaza Luis Seoane, torre 1, entreplanta,
15008 A Coruña
Teléfonos: 981 133 702 / 981 174 141
Fax: 981 132 598
Email: cec@cec.es

Delegación Santiago Compostela
C/ Eduardo Pondal 8
15702 Santiago
Teléfono: 981 558 456
Fax: 981 562 914
Email: cec@cec.es