
Estimado/a colaborador/a,
Enmarcado en PROVINCIA EMPRENDEDORA, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL), presentamos o proxecto Impulsa Coruña, co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial, impulsar o emprendemento e promover novas oportunidades de desenvolvemento económico na provincia.
O proxecto contempla distintas actuacións, entre elas a análise continua do tecido empresarial da provincia para coñecer a súa realidade, identificar retos prioritarios e detectar novas oportunidades de desenvolvemento, mediante un estudo sectorial e mesas de traballo en 4 sectores estratéxicos.
A relevancia do sector RENOVABLES, ECONOMÍA CIRCULAR E SUSTENTABILIDADE na provincia é incuestionable e a túas aportacións fundamentais para o seu sostén e crecemento. Por este motivo, a túa empresa foi seleccionada para participar nesta análise sobre a situación do sector, as súas oportunidades e retos a afrontar. Achega as túas aportacións cubrindo o seguinte formulario:
Os datos obtidos servirán de punto de partida para un traballo máis amplo que rematará coa elaboración dun informe final do sector, de acceso público, que incluirá potenciais liñas de actuación e colaboración identificadas ao longo deste traballo.
Aproveitamos a ocasión para convidarte a consultar o programa completo na nosa web https://www.cec.es/impulsa-coruna/ e acceder a servizos gratuítos nel incluídos como mentorización se estás a desenvolver unha nova liña de traballo, formación…
Moitas grazas de ante man pola túa atención e colaboración. Para calquera dúbida ou máis información, podes contactar con nos:
emprende@cec.es
981 13 37 02 (Ext:1215)
Un saúdo
|
Sede central |
Delegación Santiago Compostela |
